O Deportivo-Barcelona 92/93, no Ciclo de partidos do Altofalante
O vindeiro luns día 5 ás 21:00 a pena deportivista O Altofalante
emitirá no Iri Bar da rúa Panadeiras, o partido
Deportivo-Barcelona, correspondente á tempada 92/93.
Un partido
brillante que finalizou coa vitoria do equipo deportivista por 1-0,
nunha tempada na que o Deportivo se mantivo na cabeza da
táboa durante 9 xornadas consecutivas, converténdose nun auténtico
Súper do fútbol español.