A páxina web oficial do F.C. Tokyo, www.fctokyo.co.jp, rival do
Deportivo no Trofeo Juan Acuña, recolle hoxe na súa portada a chegada do
equipo nipón ao aeroporto de Alvedro. Desta forma, a cidade da Coruña
tamén estará presente durante todos estes día
A afección ao fútbol de Xapón e a súa paixón polo Deportivo multiplicouse
nos últimos anos. De feito, os partidos que o club deportivista disputa na
liga de Campións televísanse habitualmente para o país nipón. Así, son
habituais afeccionados xaponeses que seguen ao Deportivo, do mesmo xeito que medios de comunicación
que requiren cada vez con máis frecuencia entrevistas con deportivistas..