RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo do século XXI

O Presidente do Real Club Deportivo da Coruña deu esta tarde unha conferencia no Centro Fonseca da cidade herculina dentro do ciclo de charlas organizado por Foro Cívico. Augusto César Lendoiro falou de "O DEPORTIVO DO SÉCULO XXI", abarcando a situación d

Precisamente este tema foi un dos máis importantes e que máis interese levantaron no posterior coloquio, moderado polo responsable de Deportes de RNE na Coruña, Moncho Viñas,

debido á actualidade.

Esta mesma mañá o presidente branquiazul reuniuse co alcalde coruñés, Francisco Vázquez. A cordialidade e o total entendemento entre ambas as entidades foron tema de conversación no coloquio que seguiu á charla.

Augusto César Lendoiro insistiu durante o seu relatorio en que o Deportivo non é unha Sociedade Anónima normal, senón que é un Club de todos, "é o gran embaixador da cidade en todo o mundo. Pero insistiu en que todo é froito do agarimo dos 20.000 accionistas do Club coruñés e da cidade, porque "hai 12 anos o Deportivo contaba con 5.000 socios, 600 millóns de débeda e estaba a piques de descender en Segunda B e hoxe en día son 25.000 os socios, o persoal está valorada en miles de millóns e existe a posibilidade de gañar unha Liga".

"Pero se este salto foi espectacular, situándose agora o Deportivo entre a 100 primeiras empresas de Galicia, queremos que o salto máis bonito e importante está por chegar, coa creación dunha empresa, o Deportivo do século XXI, na que se involucre a moita xente allea ao mundo do fútbol: así se adquiriu a Praia Club como lugar de encontro e nuns meses haberá novidades no Club coa posta en marcha de novos e interesantes proxectos para o futuro do Club". En opinión do Presidente branquiazul, estes proxectos "porán distintos servizos ao alcance dos coruñeses, con lugares de lecer onde gozar, lugares de reunión e de encontro, representativos, para que o Deportivo chegue cada vez máis en todos os fogares".