RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo e Raúl Albentosa acordan a rescisión do contrato do central

O Real Club Deportivo e Raúl Albentosa Redal chegaron a última hora de hoxe a un acordo para rescindir a vinculación contractual que lles unía até o 30 de xuño de 2020.

Deste xeito, o central valenciano deixa de pertencer á disciplina do Deportivo, que se aforra así os custos salariais do futbolista desta e a próxima temporada, ademais de reservarse un beneficio económico en futuras operacións.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Raúl Albentosa o traballo realizado estas últimas temporadas no Club, desexándolle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal.