O Deportivo - Espanyol día das penas deportivistas
O encontro de Liga entre o R.C. Deportivo e o Espanyol, que se disputará o domingo 14 de abril a partir das 18:00 horas en Riazor, foi declarado día das Penas Deportivistas.
Para celebralo, cada pena branquiazul poderá adquirir un máximo 25 entradas ao prezo de 6 euros cada unha. Para iso, deberán dirixirse por fax ao R.C. Deportivo (981-265919).