RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo fai especial fincapé esta mañá en accións ofensivas

Rubén de la Barrera fixo especial fincapé hoxe xoves en Abegondo, na única sesión de adestramento do día, en aspectos ofensivos.

Así, o técnico branquiazul dispuxo un primeiro exercicio con finalizacións e outro posterior de situación de ataque.

Un ensaio de accións balón parado defensivo puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Cos fabrilistas Adri Castro e Alberto no grupo, só Miku adéstrase á marxe, coa supervisión do readaptador Fran Molano.

Mañá venres, o cadro branquiazul saltará ao céspede de Abegondo a partir das 11:00. Ao concluír, Rubén de la Barrera dará a lista de convocados para o partido deste sábado 20 de febreiro na Malata ante o Racing de Ferrol (19:00 horas, TVG).