O Deportivo gaña o primeiro partido de pretemporada
O Deportivo gañou por dous goles a un ao Racing Vilalbés no que foi o seu primeiro encontro de pretemporada. Valú adiantou no primeiro tempo ao locais pero Pandiani e Iván Pérez, no segundo, encargáronse de dar a volta ao marcador.
Javier Irureta puido ver en acción a moitos dos seus homes nun encontro que iniciaron Molina, Manel, Djorovic, Donato, Capdevila, Emerson, Amavisca, Víctor, Valerón, Tristán e Makaay e no que foron entrando Nuno, Héctor, César, Hélder, David Pirri, Jaime, Duscher, José Manuel, Fernando, Iván Pérez, Turu, Pandiani e Changui.
O persoal deportivista terá descanso este domingo tras a súa primeira semana de concentración en Vilalba e o luns volverán ao traballo na localidade lucense.