RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo gañou 8 edicións do Trofeo Juan Acuña

O Juan Acuña disputouse por primeira vez en 1989, nun encontro que gañou o Oviedo nos penaltis tras finalizar o partido co Deportivo con empate a uns. En 1990 foi o Deportivo o que gañou aos penaltis tras empatar co Burgos a uns.

Tamén na final de 1991 gañaron os anfitrións ao Athletic Bilbao tras empatar a uns.
Na edición de 1992 o resultado foi Deportivo 2 - Flamengo 0; na do 93, Deportivo 6 - U. Católica de Chile 1; no 94, Deportivo 0 - Sevilla 1, no 95 non se disputou.
En 1996, Deportivo 1 - O Porto 1. Gañou o O Porto aos penaltis; en 1997, Deportivo 3 - Palmeiras 1; no 98, Deportivo 0 - Milan 1; no 99 Deportivo 4 - Fluminense 0; en 2000, Deportivo 2 - Girondins 0 e en 2001, Deportivo 1 - Udinese 0.

O Deportivo ten no seu haber, por tanto, 8 do trece trofeos disputados.