RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo imponse ao Vilarreal

Nun gran partido o Deportivo imponse ao Vilarreal por 4 a 2 con goles de Djalminha, Tristán por partida dobre e Makaay mentres que polo Vilarreal marcaban Víctor, de penalti, e Graza.

Daba entrada Irureta a un once con varios cambios composto por Molina, Manuel Pablo, Naybet, César, Djalminha, Tristán, Fran, Emerson, Capdevila, Víctor e Duscher, mentres que Víctor Muñoz daba entrada a Lopez Vallejo, Arruabarrena, Berruet, Quique Medina, Javi Graza, Cagna, Amor, Jorge López, Xavi Roca, Víctor e Palermo .

Comezaba o Deportivo ao ataque e así no primeiro minuto xa dispón dunha boa ocasión cando un balón en profundidade cara a Tristán obriga a López Vallejo a saír da área de cabeza, o balón chega a Fran, que desde o centro do campo dispara a porta pero o balón váiselle moi desviado.

No minuto 5 chega o primeiro aviso, tras unha gran xogada na que Djalminha pasa en profundidade cara a Fran, e este pon un pase da morte para Tristán que marca. Bo Grimal anula o tanto por fóra de xogo de Fran. Dous minutos despois doutra gran xogada pola banda esquerda o centro chega a Djalminha, que no punto de penalti remata alto.

Tras un par de contraataques do Vilarreal nos que Víctor levaba o perigo, sobe ao marcador o 1-0, nun ataque pola banda dereita do Deportivo no que Fran centra a Djalminha que marca. Era o reflexo da superioridade que o Deportivo estaba a mostrar no campo.

Despois do gol, o Deportivo deixou aos poucos a presión, e sen perder o control de xogo, daba máis opcións ao Villareal que fixo pasar por algúns aprietos á defensa deportivista.

No minuto 41, tras un magnifico pase de Djalminha cara a Tristán que, entre tres defensas revólvese e saca un zapatazo que non é capaz de deter López Vallejo. Acababa asi a primeira parte.

Na segunda parte o Deportivo deixa o control do esférico ao Vilarreal, tratando de saír á contra con pases en profundidade cara a Tristán ao que lle pitaban fóra de xogo á maioría das veces.

No minuto 20, tras un fallo defensivo, Palermo dá un pase a Víctor que se planta ante Molina e é derrubado. O penalti é transformado polo propio Víctor

Tras recortar diferenzas o Vilarreal vaise cara adiante e o Deportivo goza das mellores oportunidades ao contraataque. No minuto 40, cando o Deportivo trataba de controlar as arremetidas do Villareal, unha presión de Scaloni, provoca unha cesión que é aproveitada de forma impecable por Tristán, marcando o 3 a 1.

Catro minutos despois, tras o cambio de Tristán por Makaay, o holandes queda habilitado ante López Vallejo, tras un pase de Valerón e marca o catro a un.

Xa no tempo de desconto, en Villareal reduciría diferenzas tras rematar Graza un centro nun saque de falta.

Despois da vitoria do Madrid e a derrota do Valancia o deportivo afiánzase na segunda posición da clasificación a cinco puntos do madrid e avantajando en cinco puntos á Valencia.