RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo, líder

O Deportivo fíxose co liderado ante o Sevilla nun partido cargado de goles e incidencias. Un hat-trick de Pauleta, a reaparición de Fran tras seis meses sen xogar, o gran xogo desenvolvido por Djalminha, a expusión de Songo'ou cando o Deportivo xa esgota

O Deportivo gañou 5 a 2 en Riazor ante un Sevilla que se adiantaba no marcador por medio de Moya no minuto 35 da primeira metade. Pero xa no minuto 9 do primeiro período os de Marcos Alonso fallaron unha ocasión clara ao deter Songo'ou un penalti cometido por Naybet sobre Alfredo.

A partir do tanto de Moya o Deportivo reaccionou e tres minutos máis tarde Djaminha batía a Valencia ao saque dunha falta.

No minuto 40 do primeiro tempo Pauleta a pase de Turu Flores adianta ao Deportivo no marcador.

Xa no segundo tempo, Romeu recibe un gran pase de Djalminha e converte o terceiro tanto branquiazul. Minutos despois Pauleta anota o seu segundo tanto da noite e o cuarto no marcador deportivista.

Tras este gol entra Fran no terreo de xogo, que é recibido cunha gran ovación en Riazor.

Poucos minutos despois Songo'ou comete un penalti e é expulsado. Flavio vese obrigado a substituírlle baixo os paus ao estar esgotados os cambios do equipo. Tsartas bate a Flavio por baixo levando o 4 a 2 ao marcador.

No último minuto do tempo regulamentario Jaime é derrubado dentro da área e Andradas Asurmendi sinala un novo penalti. Pauleta é o encargado de converter en 5 e definitivo gol do Deportivo da noite.

Hat-trick, por tanto, para o portugués que leva o balón asinado por todos os seus compañeiros como recordo da súa noite anotadora.

Para Irureta o partido foi "moi disputado, pero a vitoria dános alento. Nos primeiros minutos o Sevilla púxonolo difícil. Pero eu creo que o gol en contra motivounos e xa no segundo período dominamos. Pero a felicidade non é total porque Víctor e Turu saíron lesionados. Esperemos que estean recuperados para o xoves."

O técnico sevillista non compareceu en rolda de prensa por padecer unha afonía.