Pasara o Trofeo da Amizade. Aquela primeira iniciativa en prol da concordia finalizou con vitoria deportivista por un gol a cero nun partido no que os branquiazuis marcaron o tempo do encontro, cristalizando o seu dominio no minuto 76 despois de que Raudn
Só un grupo de exaltados desluciu en Riazor o ambiente de cordialidade: 1-0 UN GOL DE RAUDNEI DEU O TRIUNFO Ao DEPORTIVO NA COPA DA AMIZADE
R.C.DEPORTIVO: Jorge; Gustavo, Sredojevic, Martín Lasarte, Sabín Bilbao; Santi Francés, Aspiazu, José Ramón, Fran; Gil e Raudnei
R.C.CELTA: Matei; Atilano, Mandía, Espinosa, Rodolfo; Otero, Vicente I, Xullo Prieto, Lito; Vicente II e Nilson.
A pesar da gran diferenza de clase, o Deportivo foi o que marcou a pauta do xogo desenvolvido sobre Riazor no I Trofeo da Amizade.
Novoa e Arsenio estableceron severas marcaxes sobre homes crave: Otero sobre Fran, Espinosa sobre Raudnei e Rodolfo sobre Gil, en tanto que pola banda branquiazul, Sabín Bilbao segue a todas partes a Vicente I. Gustavo e Martín Lasarte están moi pendentes de Vicente II e Nilson e Aspiazu non perde de vista a Xullo Prieto.
Nesta primeira metade (...) o peso do xogo branquiazul lévano os irmáns José Ramón e Fran, ben apoiados desde atrás por todo o bloque e con dúas puntas de lanza, Gil e Raudnei, que facían dano no sistema defensivo celeste, aínda que o electrónico non chegou a moverse.
-O Celta quere pero non pode.
Introducindo varios cambios ao longo da continuación, Novoa tenta levar outro aire ao equipo, pero o Deportivo móstrase asentado e firme, precisamente pola seguridade do cuarteto defensivo e agora rotando todo o xogo sobre José Ramón e Aspiazu, (...) contribuíndo a unha maior seguridade na zona ancha a saída de Antonio polo un tanto esgotado Santi Francés (m.71).
Xullo Prieto de tiro a media altura (m.52), Martín Lasarte de forte cabezazo (m.58) e Gil (m.60), tras unha bonita combinación con Raudnei, roldan o gol que non chegaría ata o 76, cando José Ramón busca a Raudnei e o brasileiro, con esa habilidade que sabe sacarse en ocasións, logra zafarse de varias entradas e coar o balón lonxe do alcance de Matei.
(...) Tentouno o Celta pero non puido ante un crecido Deportivo, que o celebrou ao grande cando Miguel Anxo Sanmartín (...) entregou ao fraco Gil, capitán deportivista, a I Copa da Amizade.