Retransmisión Deportivo-PanathinaikosCanal Plus e Deportivo chegaron a un acordo polo que, para todos os partidos que restan da Copa da UEFA, poida vender os seus dereitos de transmisión por TV en aberto para toda España o Real Club Deportivo, a partir da
E co fin de que toda Galicia poida ver este encontro, con carácter excepcional, o RC Deportivo cedeu os dereitos a Canle Satélite Dixital para que poida transmitilo en PPV sen limitación xeográfica.
O Real Club Deportivo desestimou unha irrisoria oferta da Televisión de Galicia, que ofrecía moito menos da metade do que vén abonando desde hai anos, incluído o actual, polos partidos de Copa UEFA en terreo galego.
Lamentamos novamente o desprezo de TVG cara ao Real Club Deportivo, a quen aplica distintas varas de medir das que vén utilizando en casos análogos.