RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo pecha outros dous amigables en Andalucía

O Deportivo xogará outros dous partidos amigables máis durante a súa estancia en terras andaluzas, do 22 ao 31 de xullo. Así, ademais do Trofeo Internacional do Guadiana, no que o equipo de Joaquín Caparrós medirase ao Benfica -día 28 de xullo- e ao Sport

O conxunto do San Roque de Lepe milita na liga Andaluza, unha categoría intermedia entre a Rexional Preferente e a Terceira División e celebra con este partido o 50 Aniversario da súa fundación; mentres que o Ayamonte acaba de ascender esta tempada a Terceira.

Desta forma, queda configurada boa parte da pretemporada deportivista:

11, 12 e 13 de xullo: Recoñecementos médicos por quendas
Do 14 ao 19 de xullo, ambos os incluídos: Adestramentos en sesións de mañá e tarde en 'O Mundo do Fútbol'. Durante este período, o persoal estará concentrada no Hotel Hesperia Finisterre
20 e 21 de xullo: Descanso
22 de xullo: Traslado a Illa Canela en voo chárter para iniciar unha segunda concentración de pretemporada
25 de xullo: Amigable en Lepe ante o San Roque de Lepe
28 de xullo: Trofeo Internacional do Guadiana no que o Deportivo se enfronta no seu primeiro partido ao Benfica
29 de xullo: segundo partido do Trofeo Internacional do Guadiana, co Sporting Club como rival
31 de xullo: Partido ante o Ayamonte e regreso á Coruña

11, 12 e 13 de agosto: Trofeo Teresa Herrera - Torneo do Centenario no Estadio de Riazor, coa presenza xa confirmada do A.C. Milan