RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo recupera o efecto Riazor

Vitoria deportivista por un gol a cero en Riazor nun partido que o conxunto branquiazul dominou con claridade. No minuto 20 Tristán adiantou aos locais no marcador cabeceando ao fondo das mallas un centro desde a dereita de Djalminha no que sería o único


O Deportivo dominou con claridade os primeiros 45 minutos do encontro da 27ª xornada de Liga en Riazor. Os locais puxeron o xogo, o control do centro do campo e as ocasións, sobre todo a raiz de adiantarse no marcador. Así, Djalminha foi o primeiro en deixar claras as intencións branquiazuis cun potente disparo desde fóra da área. Tras o gol os deportivistas dominaron con maior claridade. O tanto de Tristán a pase de Djalminha deu maior confianza aos de Irureta e despois o propio Tristán nun par de ocasións ou Makaay, de chilena encargáronse de pór en pé á bancada que xa cantaba gol. O Zaragoza só se achegou a Molina nos últimos minutos con dúas ocasións de Milosevic que Molina e César respectivamente encargáronse de truncar. E chegouse ao descanso con vitoria deportivista por un a cero non sen que os locais fixesen novas tentativas de balóns altos á área rival que puxeron en aprietos aos de Costa.


No segundo tempo os deportivistas saíron demasiado confiados e deixaron que a iniciativa correse a cargo do Zaragoza. Vellista e Drulic deron os primeiros avisos á defensa branquiazul, pero sería José Ignacio o que dispuxo da ocasión máis clara para os visitantes atallada por Molina. Con todo, tras o perigo visitante nos minutos iniciais da continuación, o Deportivo volveu dispor de ocasións, sobre todo por banda dereita, polos ocos deixados pola defensa maña. Duscher estivo a piques de sorprender a un atentísimo Laínez, e despois Sergio enviou un disparo rozando o pau da meta rival. O Zaragoza empezou a decaer e os deportivistas aproveitaron para presionar a Laínez. Amavisca e Makaay acosaron ao gardameta rival que tivo que esmerarse. Incluso o colexiado invalidou por fóra de xogo unha xogada branquiazul na que Valerón deixou só a Makaay ante o porteiro. E novamente o holandés e Amavisca tiveron nos seus pés o rematar ao fondo das mallas varios centros de Sergio sen fortuna. No desconto, José Ignacio tivo unha ocasión de perigo ante Molina que este despexou con seguridade. Ao final, vitoria deportivista ante a afección herculina que mantén aos de Irureta na cabeza da táboa.


O Deportivo saltou ao campo con Molina, Scaloni, César, Naybet, Romeu, Mauro, Duscher, Makaay, Fran, Djalminha e Tristán. No banco estaban Amavisca, Nuno, Capdevila, Sergio, Pandiani, Valerón e Héctor.

O Zaragoza formou con Laínez, Komljenovic, Juanele, Aragón, Vellisca, José Ignacio, Pablo, Drulic, Milosevic, Paco e César. No banco, Juanmi, Jamelli, Cuartero, Garitano, Bilic, Chainho e Galleti.

O saque de honra do partido foi realizado polo ex futbolista Rodrigo García Vizoso.