RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo regresou aos adestramentos este mércores pola tarde

O persoal do Deportivo volveu aos adestramentos esta tarde en 'O Mundo do Fútbol'. Víctor resumiu o sentir do vestiario na sala de prensa do complexo deportivista: "Estamos amolados polo resultado de onte, pero de nada vale lamentarse. Hai que mirar para

A xuízo de Víctor, "os futbolistas non son quen para discutir sobre o sistema ou os métodos de adestramento. Para iso está o míster". Tamén lembrou en público a gran ocasión de que dispuxo onte, con 2-0 no marcador: "Tomamos decisións en décimas de segundo. Cando apareceu Fran, eu xa decidira tirar a portaría. Creo que o porteiro tamén estivo moi acertado".
Este xoves, o persoal está citada ás 10:30 en 'O Mundo do Fútbol'. Hoxe traballaron máis suave os que foron titulares onte no Estadio Luís II de Mónaco. Tamén pasou polas instalacións branquiazuis Enrique Romeu, que continúa o seu proceso de recuperación tras caerse dunha bicicleta o pasado domingo..