RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo tráese o tres puntos de Soria

Donato e Fernando asinaron os goles branquiazuis nos Pajaritos nun partido no que os coruñeses dominaron o xogo na primeira parte levando o perigo á portaría de Núñez. Aínda así, o Numancia non deixou de buscar o gol, sobre todo pola banda esquerda aprove

Comezaba o partido cunha aliñación distinta á habitual no Deportivo. Molina, Manuel Pablo, Romeu, Donato, Naybet, Emerson, Sampaio, Scaloni, Fernando, Djalminha e Pandiani foron o once deportivistas aliñados por Irureta. Desde os primeiros compases o Deportivo fíxose co control do xogo sen dificultade pero o Numancia aproveitaba os contragolpes para pór en apertos a meta deportivista.

No minuto 14 unha fala cometida sobre Djalminha preto do córner da banda esquerda é sacada polo propio xogador brasileiro e Donato, moi ben colocado e sen oposición, pica o balón e Álvaro Núñez non acerta a atallalo. Era o un a cero e a partir dese momento os branquiazuis xogaron con máis tranquilidade pero sen deixar de asediar a portaría rival mentres que o Numancia trataba de presionar e aproveitar os contragolpes sobre todo por medio de Ojeda que fixo dous disparos que puxeron en apertos a Molina. Un par de xogadas de clase de Djalminha obrigaron ao gardameta local a esmerarse para evitar un novo gol que chegaría no minuto 29 cando Romeu recupera un balón no centro do campo, cédeo a Sampaio que ve o desmarque de Fernando e colócalle un balón que o madrileño envía ao fondo das mallas deixando sentado á meta numantino. O dous a cero sería o resultado ao chegar ao descanso, e xusto antes do mesmo unha entrada por detrás de Marini a Donato deixa a este fose do partido.

Na segunda parte Hélder entrou polo hispano brasileiro. O Numancia comezou este período con moitas ganas, buscando a remontada e pondo en serios apuros por dúas veces a Molina que, sensacional, mantivo a súa meta imbatida. Ao dez minutos o Deportivo fíxose co control do partido de novo aínda que tan só cinco minutos máis tarde o Numancia metíase de novo no partido acurtando diferenzas por medio dun gol de Rubén Navarro a pase de Nagore. Estes mesmos xogadores e Iñaki puxeron en serios apuros ao gardameta deportivista.

O partido non tivo descanso en ningún momento coa procura constante dun e outro equipo da portaría rival. Nos instantes finais o asedio numantino foi máis intenso aínda que o Deportivo non cejaba tampouco no seu empeño. Nos minutos xa de desconto Fernando, autor dun dos goles, foi expulsado por dobre amarela e ao final o público e os xogadores do Numancia reclamaron un posible penalti de Hélder.

Ao final, o Deportivo faise co tres puntos na súa visita a Soria cun encontro que terminou en polémica, como o do ano pasado no mesmo escenario no que un gol de Songo'ou foi anulado. Nesta ocasión foi o posible penalti de Hélder a Barbu non sinalado polo colexiado e moi reclamado polos numantinos.