Liverpool e Deportivo empataron sen goles en Anfield nun partido no que os branquiazuis souberon conter o pulo inicial dos de Benítez pero sen aproveitar as ocasións que tiveron. César e Valerón dispuxeron das ocasións máis claras de gol para os deportivi
O Liverpool dominou o partido, pero o bo facer branquiazul, a orde defensiva e os acertos tanto de Molina como de Manuel Pablo mantiveron a porta deportivista a cero. César, ao remate dun córner, e Valerón, a pase de Víctor, tiveron nas súas cabezas, un no primeiro tempo e o outro no segundo, as ocasións do partido para os de Irureta, pero non concretaron.
Agora o Deportivo, tras o outro resultado do Grupo A, pecha a táboa con 2 puntos. Primeiro é o Mónaco, con 6, e Liverpool e Olympiacos teñen 4.
O equipo regresa esta mesma noite a Santiago para centrarse xa no partido de Liga do sábado ante o Málaga.