RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo volve mañá pola tarde aos adestramentos

O Deportivo regresará este luns pola tarde aos adestramentos en 'O Mundo do Fútbol'. Os xogadores están citados ás 18:00 horas para empezar a preparar o próximo partido, en Valencia ante o Levante, do domingo 3 de abril ás 17:00 horas. Non estarán aín

Antes, o martes 29 en Riazor, o Deportivo disputará un amigable ante o Atlético Arteixo para axudar a paliar a crise económica que sofre o cadro arteixán, actualmente en Segunda División B.
Os interesados en acudir a este partido poden retirar as súas entradas (10 euros sénior e 3 euros ata 16 anos) o mesmo martes desde as 10:00 horas nos despachos de billetes do Palacio de Deportes de Riazor.
En Arteixo os puntos de venda son Cervecería A Taberna, Chronos, Cafetaría Toñito e Ultramarinos Braga.
Ademais habilitáronse tres contas para a Fila Cero:
CAIXA GALICIA: 2091 0014 93 3040018415
BANCO PASTOR: 0072 0131 02 0000101696
A CAIXA: 2100 2459 15 0200046094
Non é a primeira vez que o Deportivo realiza actos deste tipo. Xa se desprazou totalmente gratis a San Lázaro a disputar un amigable ante o Compostela para tratar de salvar a difícil situación que atravesaba neses momentos o cadro santiagués.
Tampouco hai que esquecer por exemplo os case 250.000 euros recadados no partido amigable que o Deportivo xogou en Riazor contra unha Selección da Costa da Morte, diñeiro que foi entregado á Fundación Arao para paliar os efectos catastróficos da marea negra producida polo petroleiro Prestige.