Hoxe disputouse a segunda do tres xornadas consecutivas do torneo solidario de FIFA 20 organizado por ABANCA para recadar fondos que contribúan a paliar os efectos do coronavirus. O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) abriu en ABANCA a conta ES23 2080 0388 2231 1000 3170 para recibir as doazóns das persoas que queiran colaborar con esta causa solidaria e que serán entregadas ao SERGAS ao finalizar o torneo. As doazóns deben facerse a través de transferencias a esta conta.
O torneo reune até mañá ao tres principais equipos do fútbol galego que axudaremos desta forma ao fin benéfico do torneo. O Desafío ABANCA celebrarase cada tarde entre as 19:30 e 20:30 horas. Cada encontro ten unha duración de 20 minutos e cada equipo xogará un total de catro partidos, nos que están a participar artistas galegos e futbolistas do Dépor, Celta e CD Lugo.
Os representantes de cada equipo son Víctor Mollejo, Mujaid Sadick, Marcos Pereiro e Rodrigo Vázquez no RC Deportivo; Denis Suárez, Brais Méndez, Fran Cañotas e Duarte Galbán no RC Celta; Yanis Rahmani, Jaime Seoane, Victor Grande e Brais Doval no CD Lugo.
No partido inaugural da segunda xornada, Rodrigo Vázquez caeu con claridade por 0-6 ante Jaime Seoane, o que unido á victoría pola mínima de Denis Suárez, 3-2, ante Brais Doval, sitúa ao RC Celta como líder e ao Dépor como pechacancelas aínda que aos branquiazuis aínda dependendo de si mesmos para gañar o torneo.
Todo queda agora en mans de Marcos Pereiro, que ten a obrigación de gañar a Duarte Galbán para evitar que os celestes leven o torneo e deixar a resolución definitiva no Mujaid-Yanis que pecha a xornada de mañá e o Desafío ABANCA a partir das 20:00 h.
Após a segunda xornada así está a clasificación:
O sorteo celebrado o mércores deixou así as cruces e horarios:
Mollejo-Kanhotas, 4-1
Méndez-Grande, 5-0
Vázquez-Seoane, 0-6
Suárez-Doval, 3-2
Pereiro-Galbán, domingo ás 19:30 h.
Mujaid-Yanis, domingo ás 20:00 h.
Os partidos contan con Donato, Manel e Manu Rodríguez como ilustres comentaristas e serán narrados pola xornalista Rocío Candal. Todos os encontros poderán seguirse a través da web habilitada www.desafio.abanca.com, a TVG2 e Facebook Live.



