RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O domingo realizarase un ensaio do Plan de Evacuación de Abanca-Riazor

O domingo 26, á conclusión do partido Dépor-Athletic Club, levarase a cabo en Abanca-Riazor un ensaio do plan de evacuación do Estadio por parte do persoal de seguridade.

Aproveitando o asubío final do partido e a saída dos afeccionados, procederase a ensaiar como sería dita saída con todo o persoal de seguridade despregado, para que, ante unha situación real de emerxencia, se evacue o Estadio no menor tempo posible.

Para iso canalizarase e guiarase a todos os afeccionados pola súa vía de evacuación máis próxima e rápida, prestando especial atención na zona máis problemática do Estadio ABANCA-RIAZOR neste asunto, Preferencia Inferior, bancada que evacuará na súa maioría pola zona de pista (ao redor do campo) cara ao portalón de saída ao exterior xunto á DéporTienda (Rúa Manuel Murguía).

Por iso, rógase a máxima colaboración de todos os espectadores, especialmente os desa bancada, seguindo en todo momento as indicacións do persoal de Seguridade.

Á conclusión do ensaio, xa coa instalación desocupada, realizaranse diversas probas e exercicios para a práctica e formación de, principalmente, Cruz Vermella e Bombeiros, atallando diferentes incidencias médicas en distintas zonas do Estadio e simulación dun incendio noutra.

Este exercicio é obrigatorio segundo normativa vixente, concretamente, segundo o RD 203/2010 polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte e está autorizado polo Coordinador de Seguridade do Estadio (CNP).

O ensaio contará coa participación de todo o persoal que forma parte do dispositivo de Seguridade de todos os partidos, Seguridade Privada, Auxiliares, Protección Civil, Bombeiros, Cruz Vermella, Policía Local e Policía Nacional.