RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Estadio de Riazor, marco do Mural contra a Violencia

O Real Club Deportivo da Coruña recibirá, con ocasión da visita do Barcelona a Riazor na segunda volta da liga, o Mural Contra a Violencia que o pasado sábado realizaron no Camp Nou destacados artistas no marco dos actos previos ao partido no Estadio blau

Un grupo de pintores integrado por Joan Pere Viladecans, Arranz Braco, Romà Penedès, Benet Rosell, Robert Llimós e Antoni Vives Fierro sumaron as súas distintas personalidades artísticas para pintar un cadro que tamén reflectía o seu máis enérxico rexeitamento ás actitudes violentas. Unha obra de arte que tamén recolle a importancia da amizade e os valores do deporte, mesturados coa negación (representada con diversos 'Non') á violencia, que deste xeito homenaxea a Manuel Ríos Suárez, socio do Deportivo falecido tras o Compostela - Deportivo.

Joan Laporta e Augusto César Lendoiro, presidentes do Barça e do Deportivo, pousaron para os medios cos autores diante do mural para sumarse á mensaxe contra a violencia.

O Deportivo decidirá o emprazamento do mural no Estadio para que poida ser contemplado por todos os cidadáns. Dadas as dimensións do mural barállanse distintas localizacións para que sirva de recordatorio de algo que todos esperamos non volva suceder.