O Fabril dobrega á Agrupación Estudantil con 3 goles na segunda metade
O Fabril reencontrouse co triunfo no subgrupo A de Terceira División ao dobregar en Abegondo (3-1) á Agrupación Estudiantil con tres tantos na segunda metade.
O conxunto santiagués adiantouse no marcador ao tres minutos con tanto de penalti transformado por Antón Vilas.
O filial deportivista fíxose inmediatamente co dominio do partido pero non foi capaz na primeira metade de perforar a meta visitante.
Após o descanso, o Fabril soubo ler o partido e ter paciencia ante un rival encerrado no seu campo. Logrou primeiro empatar grazas a un gol de Adri Castro no minuto 67. Foi o principio do fin da até entón férrea resistencia da Agrupación Estudiantil.
Os tantos de Barba no minuto 74 e Yuste no minuto 90 amarraron o tres puntos para o conxunto que prepara Juan Carlos Valerón.
Con este resultado, o Fabril suma 12 puntos na zona alta da clasificación, despois de 9 partidos disputados.
Fabril: Pablo Brea, Iván Guerrero, Guille Bueno, Yuste, Juan Rodríguez, Kanouté, Javi Sanmartín, Villares, Sarmiento, Adri Castro e Rayco. Tamén xogaron: Javi Sánchez, Barba e Prendes.
A próxima fin de semana, a Fabril visita á SD Fisterra, en día e hora por fixar.
Os resultados até a data do Fabril en liga son os seguintes:
UD Somozas 0 - Fabril 0 Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0 Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero) Fabril 0 - CSD Arzúa 1 Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón) Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0 Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo) Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4 Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudiantil 1