RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril inaugurou o campo de fútbol dos Pinares en Brexo Lema

O Fabril disputou un partido amigable ante unha Selección de Cambre que serviu para inaugurar oficialmente o campo de fútbol dos Pinares en Brexo Lema.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, deu descanso a algúns dos seus futbolistas con máis minutos de xogo en liga e si aproveitou o encontro para ver en acción a moitos xuvenís, que serán a base do equipo a temporada próxima, como Carracedo, Mujaid, Adrián, Iago Parga, Kanuté, Aarón, Iago Novo e Porrúa.

Aínda que o resultado foi o de menos, venceu o Fabril (0-5), con tantos de Álex Corredera, Hugo Rama -2-, Ángel e Porrúa.

O conxunto deportivista, que o domingo 19 de marzo visita Negreira (16:30), está no mellor momento da temporada. É líder destacado da Terceira División con 60 puntos, 5 puntos máis que o seu inmediato perseguidor, o Rápido de Bouzas, segundo con 55.

O Alevín A dá a talla ante as Seleccións Comarcais da Coruña, Ferrol e Santiago

O Alevín A disputou o pasado martes 14 de marzo en Abegondo un torneo cuadrangular de fútbol oito coas Seleccións da Coruña, Santiago e Ferrol como rivais. Foron partidos de 25 minutos de duración.

Os resultados do equipo branquiazul foron os seguintes:

ALEVÍN A 2 (Martín e Óscar) - SELECCIÓN A Coruña 0
ALEVÍN A 0 - SELECCIÓN FERROL 0
ALEVÍN A 1 (Marco Baña) - SELECCIÓN SANTIAGO 2

O Alevín A acabou o torneo en terceira posición.