A visita do Fabril ao Arosa SC ás 20:00 na Lomba será o único amigable previsto mañá xoves 22 de agosto en ANOSACANTEIRA.
Será o primeiro dos dous partidos do filial esta semana posto que o sábado 24 enfróntase á SD Compostela no Estadio Vero Boquete San Lázaro.
A novidade na lista de Óscar Gilsanz para mañá é a presenza de dous galegos incorporados esta semana: o dianteiro Darío Germil e o central Damián Canedo.
Completan a convocatoria: Alberto, Hugo Ríos, Mardones, Kike Teijo, Marotías, Vilela, Aarón, Fadil, Íker Vidal, Carreira, Garrido, Noé, Alfaro, Ovidio, Dylan, Delgado, Guerrero, Hugo Villaverde, Luisao, Domínguez, Bil e Kevin Sánchez.
Hoxe mércores xogáronse tres encontros, saldados todos con triunfos deportivistas: o Xuvenil B de Liga Nacional visitou (2-3) ao Olímpico de Rutis de Primera Futgal, o Cadete (na foto da noticia) recibiu (4-0) en Abegondo ao Ural Español CF B de categoría xuvenil e o San Tirso SD Cadete superou (3-0) no Monte ao Atlético Coruña Montañeros CF.
Por outra banda, dous equipos de ANOSACANTEIRA arrincaron onte martes 20 de agosto unha intensa semana.
Así, estreáronse este verán, e con vitorias, o Infantil A ante o Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (5-0) e o San Tirso SD Infantil no Monte (4-0) ante o CD Calasanz.
Finalmente, o Benxamín A desprázase á cidade polaca de Starogard Gdański para participar na Deynajunior Cup 2024.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
AROUSA SC - FABRIL, mañá xoves 22 de agosto ás 20:00 na Lomba
SD COMPOSTELA - FABRIL, o sábado 24 de agosto ás 19:00 no Estadio San Lázaro Vero Boquete
Categoría xuvenil
Torneo Unindo Camiños, en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Sábado 24 de agosto
Primeira Fase
9:30: SEVILLA FC - XUVENIL A
10:30: ED VAL MIÑOR - XUVENIL A
11:30: SD COMPOSTELA - XUVENIL A
12:30: PONTEVEDRA CF - XUVENIL A
Os dous primeiros pasan ás semifinais, que se xogarán o domingo 25 de agosto
OLÍMPICO DE RUTIS (Primera Futgal) 2 - XUVENIL B 3 (Miguel de Labra -3-)
Torneo en Calo
Sábado 24 de agosto, no Municipal de Rebordelo (Calo)
11:00: CALO SD - XUVENIL B
12:00: XUVENIL B - RC CELTA B
Categoría cadete
CADETE A 4 (Elías, Nico e Pablo Crespo -2-) - URAL ESPAÑOL CF B (xuvenil) 0
CADETE A - IMPERÁTOR OAR, o sábado 24 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo 6)
SAN TIRSO SD CADETE 3 (Daniel, Gio e Gandarela) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
MARINO DE MERA - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 24 de agosto ás 11:30 na Marola (Mera)
Categoría infantil
Martes 20: INFANTIL A 5 (Álex Vidal, Íker Obeso -2-, Hugo Ferreiros e Hugo Caridad) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
INFANTIL A - SD ORILLAMAR (cadete), o venres 23 de agosto ás 16:30 en Abegondo (campo 4)
Martes 20: SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Pablo Crespo, Mario, Gael e Martín) - CD CALASANZ 0
SAN TIRSO SD INFANTIL - CD LUGO, o venres 23 de agosto ás 17:30 no Monte
Categoría benxamín
Deyna Junior Cup 2024 en Starogard Gdański (Polonia)
Venres 23 de agosto
9:00: ARKA GDYNIA - BENXAMÍN A
10:32: KS BENIAMINEK 03 - BENXAMÍN A
13:00: FC JONAVA - BENXAMÍN A
14:32: LECH POZNAŃ - BENXAMÍN A
16:04: BENXAMÍN A - JAGIELLONIA BIAŁYSTO
Sábado 24 de agosto
10:32: UKS ROZWÓJ IŁAWA - BENXAMÍN A
12:04: BENXAMÍN A - AP JEDYNKA REDA
13:37: BORUSSIA MÖNCHENGLADBACH - BENXAMÍN A
Domingo 25 de agosto
9:30: BENXAMÍN A - KRC GENK
11:02: KLAIPĖDA FA - BENXAMÍN A
12:34: BENXAMÍN A - JAGUAR GDAŃSK
