O Fabril recibe ao UCAM Murcia o domingo 11 de maio ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR e xogará a volta o sábado 17 ás 19:00
O Fabril medirase ao UCAM Murcia no partido de ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación o domingo 11 de maio ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (YouTube RC Deportivo).
O partido de volta xogarase o sábado 17 de maio ás 19:00 no Estadio BeSoccer La Condomina.
O filial, que entrou como 4º clasificado do grupo 1º nesta fase de ascenso, quedou emparellado pois co 3º do grupo 4º. Por esta circunstancia, o primeiro partido xógase na Coruña.
Os murcianos acabaron a liga con 60 puntos despois de 16 vitorias, 12 empates e 6 derrotas; con 46 goles a favor e 22 en contra. Pola súa banda os fabrilistas sumaron 54 puntos con 16 ganados, 6 empatados e 12 perdidos; e con 48 tantos marcados e 29 recibidos.