RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril visita mañá domingo 27 de abril ao CD Laredo consciente que "só nos vale a vitoria"

O Fabril mídese mañá domingo 27 de marzo ás 12:00 no campo de San Lorenzo ao CD Laredo na penúltima xornada en Segunda Federación.

Os resultados da última xornada, coa derrota en Abegondo ante o Salamanca CF UDS, deixou ao filial en 7ª posición con 48 puntos, os mesmos que o Rayo Cantabria (6º) e a 1 punto das últimas posicións de play off de ascenso a Primera Federación que ocupan o Real Ávila CF (4º) e o UP Langreo (5º) empatados a 49 puntos.

Manuel Pablo, en rolda de prensa, asegurou que o grupo está "concentrado no que temos que centrarnos, en afrontar o noso partido con determinación sabendo que só nos vale a vitoria".

Subliña que "todos temos a idea clara. Non nos van a regalar nada. Xa o levamos dicindo varias semanas, a pesar de que o rival está descendido".

Advirte o preparador fabrilista que "en casa adoitan apertar, a pesar dos resultados. Por tanto nada de confianzas".

Pola súa banda, o CD Laredo, que a pasada fin de semana perdeu (4-2) en Pasarón ante o Pontevedra CF, é 18º con 23 puntos, xa descendido matematicamente a Tercera Federación.

No partido da primeira volta disputado en Abegondo o 15 de decembro pasado (16ª xornada) venceu o filial por 3-0 con goles de Adrián Guerrero -2- e Kevin Sánchez.

No seu campo esta campaña o equipo cántabro gañou ao UM Escobedo (1-0), Marino de Luanco (3-1) e Rayo Cantabria (2-1); empatou co CD Guijuelo (3-3), UD Llanera (0-0), UP Langreo (0-0), Real Avilés Industrial (2-2) e Real Ávila CF (0-0); e perdeu co Coruxo FC (0-2), CD Numancia de Soria (1-3), RS Gimnástica de Torrelavega (0-2), Real Valladolid Promesas (0-1), Pontevedra CF (0-3), Bergantiños CF (0-1), Salamanca CF UDS (0-3) e SD Compostela (0-3).  

O seu técnico, Juanma Fernández, subliña do Fabril que "é un equipo moi duro. É un filial moi bo, con 2 extremos moi rápidos e habilidosos, o dianteiro centro igual. De metade cara arriba ten moita pólvora e imos ter que conter iso".

A pesar do descenso, asegura que "buscamos eses pequenos obxectivos de ter a tiro á Gimnástica, o último partido en casa, dar unha alegría á nosa xente, que o merecen moitísimo. Buscamos iso e facer un bo partido en casa que estou convencido que vai ser así".