RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril xa coñece o calendario hacia o play off de ascenso

O CD Choco esta próxima fin de semana en Abegondo será o primeiro rival do Fabril na segunda fase por unha das dúas prazas que darán dereito a disputar un play off final de ascenso á Segunda División RFEF contra o catro equipos do grupo de ascenso que non lograron acabar entre os dous primeiros.

O formato de competición será de liga a dobre volta, no que o filial deportivista non se pode enfrontar cos outros dous equipos clasificados do seu mesmo subgrupo na primeira fase: Racing Villalbés e Silva SD; e si contra os outros tres do subgrupo B da primeira fase: CD Estradense, CD Choco e Rápido de Bouzas.

Ao arrastrarse os puntos da primeira fase, a clasificación do grupo arrinca así:

1. Racing Villalbés, 40 puntos
2. Fabril, 32 puntos
3. CD Estradense, 31 puntos
4. CD Choco, 31 puntos
5. Rápido de Bouzas, 31 puntos
6. Silva SD, 30 puntos

O calendario do Fabril neste play off de ascenso é o seguinte:

Xornada 1 (04/04/2021) / Xornada 4 (25/04/2021)
Fabril - CD Choco / CD Choco - Fabril
Xornada 2 (11/04/2021) / Xornada 5 (02/05/2021)
CD Estradense - Fabril / Fabril - CD Estradense
Xornada 3 (18/04/2021) / Xornada 6 (09/05/2021)
Fabril - Rápido de Bouzas / Rápido de Bouzas - Fabril