O R.C.Deportivo da Coruña impúxose por 4 goles a 1 á Real Sociedade no encontro do Campionato Nacional de Liga 2000/2001 na súa xornada número 22. O encontro quedará marcado polo tres goles de Diego Tristán na súa reaparición no once titular tras a lesión
O Deportivo partiu de inicio con: Molina, Manuel Pablo, Romeu, Naybet, Mauro Silva, Djalminha, Diego Tristán, Fran, Scaloni, Donato e Valerón. Mentres que pola Real fixérono: Asper, Aranzabal, Corino, Loren, Luiz Roberto, Aitor, Llorente, Xullo César, Idiaquez, Khoklov e Xavi Alonso.
Moi pronto o partido púxose de face para os deportivistas ao marcar Tristán o seu primeiro gol na primeira ocasión do equipo. Era o minuto cinco, e tras unha internada de Manuel Pablo por banda dereita, o balón chegaba a Tristán que dentro da área se internaba ata a área pequena e batía cun tiro cruzado inverosímil, sen ángulo, ao gardameta Asper.
A partir de aí o Deportivo realizou o seu xogo con tranquilidade, dominando o partido. Con todo as contras da Real levaron algo de perigo, aínda que Molina apenas tivo que despexar un balón nos primeiros minutos. O gol da tranquilidade chegaba no minuto 26 cun increible tiro de Donato á escuadra, nun saque de falta desde a frontal.
A ocasión máis clara para a Real chegaba no minuto 30 cando Molina sacaba unha man increible para despexar un tiro de Koklov. No minuto 41 de novo Tristán volvía marcar de tiro curzado nunha xogada moi bonita.
Así terminaría a primeira parte cun minuto de desconto e tres cartón amarelas para xogadores da Real: Corino, Luiz Alberto e Loren
A segunda parte comezou cunha Real con moitas ganas e disposta a marcar un gol cando menos. Asi nos primeiros minutos foron varias as xogadas nas que os dianteiros da Real dispararon a porta, pero nunhas ocasións a falta de acerto, e noutras Molina, evitaron o gol realista.
No minuto 16 Tristán pechaba a súa conta anotadora co terceiro gol da noite. Un gran control a pase de Valerón e moito sangue fria ante Asper terminaban no cuarto gol deportivista.
De aí ao final do encontro o Deportivo dispuxo de ocasións para ampliar a súa conta anotadora, pero sería De Pedro recentemente entrado no campo no minuto 22 quen movería o marcador cun potente disparo a pase de Khokhlov no saque dunha falta.
Caben destacar os cambios de Pandiani por Djalminha, de Víctor por Tristán e de Duscher por Scaloni.