RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Guggenheim coruñés<br>Unha oportunidade única para a cidade

O Novo Riazor de Peter Eisenman pretende afrontar o desafío exposto polo deporte e o fútbol no século XXI. Como é un estadio hoxe en día? Que é o que pode facer pola súa cidade antes e despois dos partidos? Cal é a súa relación coa contorna? As respostas


O Novo Riazor de Eisenman está concibido como unha fonte de beneficios a curto prazo, ofrecendo instalacións que teñen lugar fose do programa de 19 partidos en casa dun club aclamado internacionalmente. Trátase dunha xoia da arquitectura, ideada por un mestre do deseño e chamada a ser un referente mundial.


O reto hoxe en día é repensar un estadio que sexa un símbolo, integrándoo no novo tecido da cidade. A proposta de Peter Eisenman para o Deportivo presenta unha nova imaxe do estadio, aproveitando a beleza natural que transmite o perfil da costa. O obxectivo non é outro que dotar ao recinto de formas orgánicas que flúen en perfecta simbiose co mar. O resultado é un conxunto unificado en base a tres elementos crave -estadio, hotel e centro comercial- dentro dun contexto urbano novo e cheo de vida.


Un estadio cinco estrelas

O Novo Riazor é máis que un campo de fútbol. Este proxecto inclúe un complexo deportivo, comercial e recreativo situado nun dos enclaves privilexiados da cidade. Un espazo vivo que supera o ámbito futbolístico para converterse nunha referencia arquitectónica á altura das grandes obras contemporáneas.


1. Instalacións deportivas
O proxecto deseñado polo neoyorkino Peter Eisenman inclúe piscina, pavillón polideportivo, ximnasios, pistas de paddle, squash, etc.
2. Museo branquiazul
A piques de cumprir o seu centenario, o Real Club Deportivo contempla situar un Museo Interactivo que recolla toda a historia da entidade.


3. Palcos Vips
O Novo Riazor contará con Palcos Vips nas mellores zonas do estadio, os cales terán todas as comodidades e adiantos técnicos para o gozar do espectáculo.
4. Restaurantes
A iniciativa do arquitecto norteamericano prevé a localización de restaurantes con vistas ao terreo de xogo e tamén na contorna do complexo.
5. Hotel de luxo
A proposta do profesional estadounidense inclúe un hotel dunhas 200 habitacións, centro de conferencias, salas de reunións e restaurantes.
6. Centro de Lecer
Minicines, salas de exposicións e locais temáticos completarán unha oferta lúdica e cultural para todo tipo de públicos e consumidores.


7. Zona comercial
Esta infraestrutura estará dotada dunha ampla gama de opcións comerciais, entre as que se inclúe unha gran zona habilitada como paseo de compras.
8. Oficinas
O recinto tamén está pensado para albergar oficinas que presten servizos ás empresas ou entidades que desexen desenvolver a súa actividade neste espazo.
9. Parque infantil
A idea de que toda a familia poida asistir ao estadio require que os máis pequenos da casa estean atendidos en gardarías e gocen de diferentes áreas de xogos.


10. Espazos Verdes
O enclave do Novo Riazor estará dotado dun paisajismo suave, con terrazas axardinadas e arboredos, ademais de áreas de relaxación con vistas ao mar.
11. Parking Público
Para facilitar o acceso á zona, construirase un gran aparcadoiro para máis de tres mil vehículos que contribuirá a facer máis fluída a asistencia ao espectáculo.
12. Aparcadoiros reservados
Un dos servizos que caracterizan aos grandes estadios europeos, e que foi recollido por Eisenman, consiste en habilitar prazas privadas para xogadores, árbitros, etc.


A maqueta do proxecto de Peter Eisenman para o Estadio de Riazor está exposta na Deportienda (c/Manuel Murguía s/n, Estadio de Riazor).

Descarga as fotografías da maqueta do proxecto do Novo Riazor de Peter Eisenman.
Vista aérea
Vista desde Marathon
Vista desde a praia de Riazor
Vista desde a Avenida da Habana
Vista interior
Vista aérea desde a praia
Vista desde a Praia Club
Vista desde o paseo