O calendario de #ANOSACANTEIRA vén marcado polo partido da División de Honra entre o Xuvenil A e o Real Racing Club o domingo 23 de maio ás 12:00 en Abegondo, transcendental para o título da segunda fase.
Ao Xuvenil A, con dous puntos de vantaxe sobre o RC Celta, válelle un empate ante o Real Racing Club para ser matematicamente campión de grupo e selar o seu pase para a Copa de Campións.
Haberá representación de #ANOSAFORZA nas bancadas de Abegondo.
Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.
Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, hixienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.
Pola súa banda, os partidos do Xuvenil B ante o Coruxo FC (en Vigo o pasado mércores) e fronte ao RC Celta B (este domingo ás 12:00 en Abegondo) correspondentes á 4ª e 5ª xornada da segunda fase da Liga Nacional, grupo 1C de ascenso, foron aprazados por un caso de COVID-19 no vestiario deportivista.
Agora, será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data "o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten as circunstancias que permitan a disputa dos mesmos".
A fin de semana en #ANOSACANTEIRA abriuna o Infantil A que, na Liga Galega, impúxose (8-1) en Abegondo ao CD Calasanz.
O outro partido na Cidade Deportiva é o do Cadete A de División de Honra, mañá sábado ás 12:00 ante o CD Calasanz A.
Teñen descanso competitivo o Deportivo ABANCA B (Primeira Nacional), Cadete B (Liga Galega) e Alevín (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once).
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C: ... 3. Oviedo Moderno CF B, 41 puntos; 4. Gijón FF, 37 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 35 puntos; 6. CDE Racing Féminas B, 30 puntos
Categoría xuvenil
4ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o domingo 23 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo 1C: 1. Xuvenil A (un partido menos), 50 puntos; 2. RC Celta, 48 puntos; 3. Real Racing Club, 45 puntos...
4ª xornada (previsto para antonte mércores): CORUXO FC - XUVENIL B, aprazado
5ª xornada: XUVENIL B - RC CELTA B, aprazado
Clasificación da Liga Nacional, grupo 1C de ascenso: 1. Xuvenil B (dous partidos menos) e RC Celta B (un partido menos), 58 puntos; 3. SD Compostela, 49 puntos...
Categoría cadete
9ª xornada: CADETE A - CD CALASANZ, o sábado 22 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra, subgrupo D: 1. Cadete A, 18 puntos; 2. Ural Español CF, 12 puntos...
Clasificación da liga Galega, subgrupo A norte: 1. Viveiro CF (un partido máis), 18 puntos; 2. Cadete B (un partido menos), 16 puntos; 3. CD Lugo B (un partido menos), 13 puntos...
Categoría infantil
9ª xornada: INFANTIL A 8 (Daniel -2-, Brian -2-, Sergio e Rubén -3-) - CD CALASANZ 1
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil A, 19 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 13 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 9 puntos...
8ª xornada: URAL ESPAÑOL CF B - INFANTIL B, o domingo 23 de maio ás 12:30 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma) na Coruña
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A: 1. Infantil B, 18 puntos; 2. Oza Juvenil SD A (dous partidos menos), 9 puntos...
Categoría alevín
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A: 1. Alevín, 18 puntos; 2. CD Calasanz A (un partido menos), 12 puntos...
5ª xornada: IMPERÁTOR OAR B - ALEVÍN A, o sábado 22 de maio ás 11:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo A: 1. Alevín A e Ural Español CF A, 10 puntos; 3. CF Deportivo Orzán A, 3 puntos...
5ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - IMPERÁTOR OAR A, o sábado 22 de maio ás 16:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B: 1. Fabril FC (un partido menos), 9 puntos; 2. Imperátor OAR A (un partido menos) e Orillamar SD A, 6 puntos; 4. Imperátor OAR C, 0 puntos
Categoría benjamín
Amigable (xogado onte xoves): BENXAMÍN A 2 (Javi Barral e David Ramos) - URAL ESPAÑOL CF B (alevín) 3
8ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF C, o sábado 22 de maio ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A: 1. Benxamín A, 15 puntos; 2. Ural Español CF A, 12 puntos; 3. Victoria CF C (un partido máis), 10 puntos...
Amigable (xogado onte xoves): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Mario e Nacho) - URAL ESPAÑOL CF A 3
8ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ORILLAMAR SD A, o sábado 22 de maio ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C: 1. Fabril FC Benxamín (un partido menos), 15 puntos; 2. CD Calasanz A (un partido menos) e Orillamar SD A, 12 puntos; 4. CF Deportivo Orzán A, 3 puntos...
