RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A non sofre en Lugo nun partido de poucas opcións de gol

Foto: - @CDLUFutbolBase -

Nun partido con escasas oportunidades de gol, o Infantil A foi mellor que o Lugo (1-2) e tróuxose os 3 puntos con todo merecemento. Martín e Martiño foron os autores dos goles branquiazuis nun partido correspondente á 3ª xornada no grupo norte da liga Galega.

Con este resultado, o Infantil A suma 9 puntos de 9 posibles.

Infantil A: Marcos, Noah, Rubén, Dani, Manu, Carreira, Yago, Martiño, Mella, Meki e Martín. Tamén xogaron: Sierra, Domínguez e Marcote.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao Galicia Caranza.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Calasanz 0 - Infantil A 9 (Mella -4-, Domínguez -3- e Carlos -2-)
Infantil A 7 (Martín -2-, Marco Baña -2-, Mella, Marcote e Rubén) - Atlético Ribeira 0
Lugo 1 - Infantil A 2 (Martín e Martiño)