O Infantil gana en Narón e aumenta a súa vantaxe á fronte do subgrupo B norte da Liga Galega
O Infantil venceu ao SDCyR Narón O Freixo (0-7) e aumentou a súa vantaxe á fronte do subgrupo B norte da Liga Galega: 24 puntos suman os branquiazuis cun partido menos por 21 puntos o seu inmediato perseguidor, o San Tirso SD.
Abel, Marcos -2-, Balbas, Hugo e Diego -2- foron os goleadores no campo naronés de Río Seco neste partido correspondente á 9ª xornada e no que se produciu o debut do porteiro de categoría alevín Lucas López, ademais titular.
Infantil: Lucas López, Guille, Xoel, Abel, Janusz, Mosquera, Rubén, Lucas Regueiro, Marcos, Balbas e Hugo. Tamén xogaron: Rodrigo, Borja, Iago e Iker Casuso.
A próxima fin de semana, o Infantil recibe en Abegondo á SD O Val.
Os resultados do Infantil até a data son os seguintes:
Infantil 3 (Mosquera, Iker Casuso e Janusz) - Ural Español CF 0 CD Lugo 1 - Infantil 3 (Diego -2- e Hugo) Infantil 8 (Rubén, Marcos -2-, Balbas -2-, Abel, Iker Casuso e Janusz) - San Tirso SD 0 Infantil 12 (Iker Casuso -2-, Janusz -3-, Hugo -4-, Marcos -2- e Iker Fernández) - SD Residencia A 1 Galicia Caranza 1 - Infantil 7 (Borja, Marcos -4- e Diego -2-) Oza Juvenil SD A 0 - Infantil 7 (Diego -2-, Rubén, Balbas, Iker Casuso e Hugo -2-) Infantil 12 (Balbas -2-, Iker Casuso -4-, Marcos, Lucas, Borja, Diego -2- e Janusz) - SD Viveiro 0 SDCyR Narón O Freixo 0 - Infantil 7 (Abel, Marcos -2-, Balbas, Hugo e Diego -2-)