RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Infantil gana en Vigo ao CD Areosa e aférrase á 2ª praza da División de Honra

O Infantil venceu en Vigo (0-4) ao CD Areosa e aférrase á 2ª praza da División de Honra.

Borja, Antón e Iker Rozada -2- foron os autores dos goles branquiazuis neste choque correspondente á 20ª xornada.

Con este resultado, o equipo de Kata Sicardi consolida a 2ª posición con 52 puntos, a 5 puntos do líder, o RC Celta (57) pero con outros 5 de renda sobre o 3º, o ED Val Miñor Nigrán (47).

Infantil: Diego Mosquera, Gael, Joel, Adrián, Mateo, Mauro, Borja, Antón, Iker Rozada, Nico e Roi. Tamén xogaron: Trigo, Xoel, Casuso e Iago Vázquez.

A próxima fin de semana, o Infantil recibe en Abegondo ao CD Lugo.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)
Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0
Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)
Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0
CD Lugo 1 - Infantil 2 (Sergio e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 5 (Borja -3- e Casuso -2-) - ED Val Miñor Nigrán 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 3 (Borja, Mauro e Iker)
Infantil 9 (Gael, Mauro -2-, Iker -2-, Nico, Borja e Casuso -2-) - ED Denis Suárez 0
Arosa SC 1 - Infantil 3 (Nico e Roi -2-)
Infantil 7 (Borja, Antón -2-, Iker, Mateo, Roi e Joel) - Victoria FC 0
UD Santa Mariña 2 - Infantil 1 (Casuso)
Infantil 8 (Borja -3-, Casuso -2-, Joel, Joaquín e un futbolista rival en propia porta) - CD Conxo Santiago 0
Infantil 0 - RC Celta 1
Ural Español CF 1 - Infantil 3 (Casuso, Gael e Antón)
San Tirso SD Infantil 1 - Infantil 6 (Antón -2-, Iker Rozada, Gael, Nico e Casuso)
Infantil 2 (Nico e Borja) - Pabellón Ourense CF 1
EF Portero '2000' 0 - Infantil 6 (Iago Vázquez, Nico -2-, Mauro e Iker Rozada -2-)
Infantil 9 (Casuso -4-, Gael, Trigo -2- e Iker Rozada -2-) - Bergantiños CF 0
CD Areosa 0 - Infantil 4 (Borja, Antón e Iker Rozada -2-)