RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil non deu opción en Abegondo ao Victoria FC

O Infantil non deu opción en Abegondo (11-0) ao Victoria FC na 2ª xornada da Segunda Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, no seu grupo norte.

Leandro, Mosquera, Íker Fernández, Íker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3- foron os goleadores nun partido de clara cor branquiazul.

Con este resultado, o Infantil suma 11 puntos á fronte do grupo.

Infantil: Rodrigo, Guille, Yago, Íker Fernández, Janusz, Abel, Mosquera, Rubén, Leandro, Hugo e Íker Casuso. Tamén xogaron: Joel, Xabi Campos, Diego, Lucas e Frank.

A próxima cita ligueira para o Infantil será despois de Semana Santa, o 20 de abril no Municipal de Bertamiráns.

Antes, o equipo que dirixe Alberto Suárez participará na Ibercup 2022 en Portugal.

Os resultados do Infantil nesta fase son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz)
Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Íker Fernández, Íker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0