RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O internacional Carlos Fernández incorporouse esta mañá aos adestramentos do Deportivo

Tralo seu paso pola selección española sub-21, Carlos Fernández incorporouse esta mañá en Abegondo aos adestramentos do Deportivo, que comezou a preparar a visita do Osasuna a ABANCA-RIAZOR deste sábado 24 de novembro (18:00 horas, Movistar Partidazo), correspondente á 15ª xornada en LaLiga 1|2|3.

O dianteiro deportivista, que participou uns minutos na segunda parte dos encontros ante Dinamarca e Francia, traballou con absoluta normalidade.

Con Pedro Sánchez, aínda que sen alta médica, tamén integrado na dinámica grupal, Natxo González ten a día de hoxe a todo o seu cadro dispoñible agás Dubarbier, que se adestra polo momento co readaptador Fran Molano.

Esta mañá, os futbolistas branquiazuis realizaron un traballo físico preventivo, un exercicio de posesión e, para concluír, partidos en espazo reducido, de alta intensidade.

Mañá xoves, o equipo está citado de novo na Cidade Deportiva ás 11:00 horas.