RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Madrid leva un punto pese ao increible xogo do Deportivo

O Real Madrid conseguiu levar un punto de Riazor a pesar de que o Deportivo realizou o seu mellor partido da tempada. Con todo a gran actuación de Casillas, unha decisión polémica de Andradas, unha xogada desgraciada e os paus ata en catro ocasiones, fixe

Polo Deportivo saíron de inicio: Songo'ou, Romeu, Manuel Pablo, Donato, Helder, Mauro Silva, Emerson, Fran, Víctor, Djalminha e Makaay. Vicente do Bosque presentou un equipo formado por: Casillas, Roberto Carlos, Michel Salgado, Hierro, Karanka, Helguera, Solari, Figo, Guti, Raul, Celades.

O partido empezou cun Deportivo con moitas ganas que desde o principio tentou facer o seu xogo. Con todo no minuto 6 a mala sorte e un erro defensivo por banda esquerda terminaron cun centro de Michel Salgado que Helder tenta despexar de cabeza, pero o balón sae entre o tres paus e Songo'ou non pode facer nada por atrapar o balón.

Pese ao gol o Deportivo continuou da mesma maneira, cuns Djalminha e Fran con moitas ganas e os apoios de Manuel Pablo, Víctor e Makaay. Así no minuto 10 Djalminha mandou o primeiro aviso claro cun disparo ao pau, e o posterior remate de Makaay, só diante da meta, fóra no rexeite. Ata o minuto 44 todo foron ataques do Deportivo, con diparos dos xogadores branquiazuis e paradas de Casillas.

No minuto 44 Andradas pitou penalti nunha xogada moi dubidosa, na que Guti se internaba na área e Mauro Silva quitáballe o balón de forma clara. Con todo o colexiado pitaba a pena máxima. Figo enganaba a Songo'ou no tiro e puña o cero a dous no marcador.

A segunda parte empezou igual que a primeira, co Deportivo a por todas. Djalminha con moitas ganas era amoestado nada mais empezar por finxir unha caida na área. Con todo no cinco se que era derrubado e o colexiado pitou a pena máxima. O propio brasileiro realizou un tiro suave e bateu a Casillas. Era o un a dous.

De aí ata o minuto 40 repetiuse a mesma película, xogadas e xogadas de ataque do Deportivo, e unhas veces casas, os paus ata en catro ocasiones e a defensa pechada do Madrid evitaron os goles deportivistas. Con todo no 40 un recentemente entrado no campo Tristán recibía na área un balón de Makaay e co sangue frío dos goleadores facía un curto caneo, levantaba a cabeza e marcaba un auténtico golazo. Era o delirio en Riazor.

Xa non quedaría tempo para mais, aínda que o Deportivo tentouno con ganas no mellor partido dos branquiazuis da presente tempada.

Caben destacar os cambios de Mac Manaman por Solari no 14, no 25 Scaloni por Fran, Morientes por Guti no 35 do mesmo xeito que Tristán por Morientes e o último Turu Flores por Víctor no 41. Cartóns amarela na segunda parte para Scaloni por unha dura entrada sobre Roberto Carlos.