RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O meta Brais, campión de España co Xuvenil, incorporouse esta mañá aos adestramentos do Dépor

O primeiro dos flamantes campións de España xuvenil, Brais Suárez, incorporouse esta mañá aos adestramentos ás ordes de Borja Jiménez. O porteiro coruñés, ao que aínda lle queda esta temporada en categoría xuvenil, gozou duns días de descanso antes de volver aos terreos de xogo. Non é a primeira vez que Brais, que xa debutou tamén co Fabril en competición oficial, adestra co primeiro equipo. Quizais entre os canteiráns sexa un dos 'veteranos' en traballar de xeito conxunto cos profesionais durante a semana.

Nos próximos días tamén se irán sumando ao primeiro equipo algúns dos seus compañeiros dun Xuvenil A que fixo historia o pasado mes de xuño ao proclamarse campión da Copa de Campións nunha brillante final gañada ao FC Barcelona, e após apear en semifinais ao Real Madrid.

Ao haber dobre quenda de adestramento, o corpo técnico dividiu a carga de traballo de hoxe mércores entre a mañá e a tarde. Na sesión matinal, os futbolistas arrincaron cun circuíto de forza; e continuaron cunha roda de pases e uns rondos. Un traballo final tamén físico, supervisado polo preparador físico Luis Fandiño puxo o punto e final á mañá.

Con Uche, Rolan e Fede Cartabia de permiso, do mesmo xeito que esta mañá Juan Rodríguez; e Celso Borges coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF, os dous futbolistas con adestramento específico no ximnasio foron Héctor e Pablo Brea. O meta Alberto, Valín, Josep Calavera e Juergen Elitim permanecen nos seus respectivos domicilios con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos.

Ademais do citado Brais, os canteiráns Iván Guerrero e Hugo Ríos estiveron esta mañá co primeiro equipo.

O primeiro equipo completou unha xornada de case 12 horas en Abegondo

Aos poucos, paso a paso vaise endurecendo a pretemporada do Deportivo.

Tras a sesión desta mañá ás 10:30, o persoal regresou ao céspede pola tarde a partir das 19:00 horas. Foi a primeira xornada con dobre quenda deste verán.

Neste primeiro adestramento vespertino houbo un traballo de core supervisado polo preparador físico, Luis Fandiño; e no campo 4 rondos, fútbol con porterías pequenas e un partido a tres cuartas partes de campo para finalizar o traballo sobre o céspede, aproximadamente ás 20:30. Así pois, o cadro chegou esta mañá ás 9:00 da mañá ás instalacións branquiazuis para almorzar e concluíu a xornada ás 21:00 horas, co lóxico e obrigatorio descanso do mediodía.

Uche, Rolan e Fede Cartabia teñen permiso, do mesmo xeito que só pola mañá Juan Rodríguez; e Celso Borges está concentrado coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF. Os dous futbolistas con adestramento específico son Héctor e Pablo Brea. Pola súa banda, o meta Alberto, Valín, Josep Calavera e Juergen Elitim permanecen nos seus respectivos domicilios con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos.

Ademais do citado Juan Rodríguez; o meta Brais, flamante campión de España xuvenil, Hugo Ríos e Iván Guerrero son a representación de #ANOSACANTEIRA ás ordes de Borja Jiménez.

Mañá xoves haberá unha única sesión de adestramento, a partir das 10:30 en Abegondo.