Nestes días distribuiranse aos domicilios dos case 30.000 abonados do Deportivo o sexto número da revista RCD, a revista oficial do R.C. Deportivo. Así mesmo, xa se pode adquirir nos quioscos ao prezo de 3 euros.
Destaca neste número a entrevista realizada a Don Manuel Fraga Iribarne na que o presidente da Xunta de Galicia analiza, entre outros temas, o importante papel que está a realizar o Real Club Deportivo da Coruña, situando á Comunidade como un referente a nivel mundial.
A táboa completa de contidos da revista é a seguinte:
- Balance do presidente Lendoiro - R.C. Deportivo, ouro de Galicia - Suplemento presentación da campaña - Tres ósos na Champions - Fraga o Dépor é un orgullo - Acuña, o gato de Riazor - Impresións dunha vida - Branquiazuis de Serra Leona - Socios de Ouro - Acordo total con Tecno Star - A canteira segue crecendo - Especial | Campus RCD - Mecedes Peón, corazón de pandereteira - Zen Guerrilla, a última esperanza do CBGB - Programación de concertos - Dj Ino + Dj Groove Us - Receita: Sardiñas asadas con cachelos - A vangarda da cociña na Praia - Entrevista a Carlos Falcó - Bacchanalia, club de viños