O Orzán SD Cadete Femenino (na foto de archivo) segue con paso firme a súa andaina no subgrupo 1º da Liga Galega e derrotou (9-0) ao Sporting Cambre en partido correspondente á 16ª xornada, primeira da segunda volta.
Yanis Citoula -3-, Valeria Montero, Daniela Macedo, Sofía Milhem, Candela González, Candela Fernández e Alexia Freire foron as goleadoras orzanistas.
Con este resultado, o Orzán SD Cadete Femenino lidera a táboa en solitario con 45 puntos por 42 do seu inmediato perseguidor, o Victoria CF.
Orzán SD Cadete Femenino: Antía Veiga, Alexia Freire, Candela González, Emma Gandoy, Candela Fernández, Lucía González, Daniela Macedo, Sofía Milhem, Martina Vázquez, Lucía Gómez e Yanis Citoula. Tamén xogaron: Paula Martínez, Sila Santiso e Valeria Montero.
Neste equipo, Antía Veiga está convocada pola selección española sub-16 para uns adestramentos en Las Rozas (Madrid) do luns 29 ao mércores 31. Así mesmo, a gardameta participará, coas súas compañeiras Daniela Macedo e Claudia Sande, coa selección galega sub-15 mañá mércores 24 de xaneiro ás 18:00 no Novo Milladoiro nun amigable ante a SD Milladoiro de categoría infantil.
En liga, o vindeiro sábado 27 de xaneiro o Orzán SD Cadete Femenino visita ao SCD Órdenes, a partir das 16:00 no Anexo Vista Alegre.
Os resultados até a data do Orzán SD Cadete Femenino son os seguintes:
Sporting Cambre 0 - Orzán SD Cadete Femenino 11 (Sofía Milhem -3-, Claudia Sande, Alexia Freire, Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -2-, Yanis Citoula e Lucía González)
Orzán SD Cadete Femenino 13 (Daniela Macedo -2-, Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -3-, Candela Fernández, Alexia Freire, Yanis Citoula -2- e Lucía González -2-) - SDC Órdenes 0
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Cadete Femenino 13 (Valentina Millón, Candela Fernández -2-, Sofía Milhem -2-, Daniela Macedo -4-, Valeria Montero, Alexia Freire e Sofía Rodríguez -2-)
Orzán SD Cadete Femenino 5 (Sofía Milhem -2-, Candela González e Sofía Rodríguez -2-) - Victoria CF 0
Orzán SD Cadete Femenino 6 (Sofía Rodríguez -2-, Candela Fernández -2-, Lucía González e Candela González) - SD O Val 0
Escuela FB Amistade 0 - Orzán SD Cadete Femenino 5 (Sofía Rodríguez, Daniela Macedo -3- e Claudia Sande)
Orzán SD Cadete Femenino 10 (Alexia Freire -2-, Lucía González -5-, Sofía Rodríguez, Sofía Milhem e Valentina Millón) - SCD Pastoriza 1
Santa Cruz CF 0 - Orzán SD Cadete Femenino 6 (Candela González -2-, Lucía González, Yanis Citoula, Alexia Freire e Daniela Macedo)
Orzán SD Cadete Femenino 11 (Marta Moreno, Lucía González -5-, Claudia Sande, Candela González -2-, Yanis Citoula e Lucía Gómez) - UD Cerqueda 0
Bergantiños CF 0 - Orzán SD Cadete Femenino 14 (Martina Vázquez, Yanis Citoula, Candela González, Lucía González -2-, Valeria Montero -2-, Sofía Milhem -4-, Sofía Rodríguez, Naiara Fontenla e Daniela Macedo)
Orzán SD Cadete Femenino 3 - PM Friol 0
EF Lalín 0 - Orzán SD Cadete Femenino 11 (Valeria Montero -3-, Candela González, Alexia Freire, Yanis Citoula -2-, Daniela Macedo -2-, Sofía Rodríguez e Lucía González)
Orzán SD Cadete Femenino 6 (Lucía González -2-, Marta Moreno -2-, Candela González e Sila Santiso) - Dumbría CF 0
Orzán SD Cadete Femenino 8 (Sofía Milhem -3-, Yanis Citoula, Marta Moreno, Lucía González, Daniela Macedo e Candela Fernández) - Silva SD 0
Orzán SD Cadete Femenino 9 (Yanis Citoula -3-, Valeria Montero, Daniela Macedo, Sofía Milhem, Candela González, Candela Fernández e Alexia Freire) - Sporting Cambre 0

