RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ORZÁN SD

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con cita o domingo 23 para o Dépor ABANCA B ante o Olímpico de León no Dépor Training Center

O partido do Dépor B ante o Olímpico de León, o domingo 23 de novembro ás 17:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética), é o partido máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

As Nosas, após a derrota da pasada fin de semana ante o Athletic Club B, marchan na 8ª posición da táboa con 13 puntos.

Esta semana, a canteirá Paula Redruello 'Redru' estivo concentrada coa selección española sub-19 nuns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O combinado nacional preparou a Rolda 1 de clasificación ao próximo Europeo sub-19, do 24 de novembro ao 2 de decembro.

Tamén o domingo o Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) recibe na Torre (18:00) ao Tomiño FC Femenino e o Orzán SD Xuvenil visita en Oira (12:30) ao EFF Rosalía, líder da Primera Autonómica.

Para o sábado 22 están previstos os dous encontros das infantís: o A en Eirís ante o Oza Juvenil SD (12:00) e o B en Dumbría (12:00).

Ten descanso esta fin de semana o Orzán SD Cadete, con 19 puntos á fronte do grupo 1º da Liga Galega.

Finalmente este martes as orzanistas Azucena Fidalgo, Claudia Sande e Marta Moreno participaron nun amigable da selección galega sub-16 ante o RC Celta; así como Elba Agrafojo, Daniela Arrojo e Lorena Anastase con Galicia sub-14.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - OLÍMPICO DE LEÓN, o domingo 23 de novembro ás 17:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)
Clasificación: ... 6. Burgos CF, 14 puntos; 7. SD Eibar B e Dépor ABANCA B, 13 puntos; 9. Madrid CFF B, 11 puntos... 11. Olímpico de León, 9 puntos...

Tercera Federación
9ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - TOMIÑO FC FEMENINO, o domingo 23 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 6. Tomiño FC Femenino, 13 puntos; 7. Lóstrego CF e Orzán SD Sub-21, 11 puntos; 9. EFM Concello de Boiro, 9 puntos...

Primera Autonómica
10ª xornada: EFF ROSALÍA - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 23 de novembro ás 12:30 en Oira (Ourense)
Clasificación: 1. EFF Rosalía, 23 puntos... 12. Sporting Cambre, 7 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil e SCD Pastoriza, 6 puntos; 15. UD Carral, 4 puntos...

Liga Galega cadete
Clasificación: 1. Orzán SD Cadete (un partido máis), 19 puntos; 2. Victoria CF, 18 puntos; 3. SCD Milagrosa e Racing de Ferrol, 15 puntos...

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 8ª xornada: OZA JUVENIL SD - ORZÁN SD INFANTIL A, o sábado 22 de novembro ás 12:00 no Municipal de Eirís
Clasificación: 1. Orzán SD Infantil A, 19 puntos; 2. Racing de Ferrol (un partido menos), 16 puntos; 3. Victoria CF, 15 puntos; 4. Oza Juvenil SD (un partido menos), 9 puntos...

Grupo 2º, 8ª xornada: DUMBRÍA CF - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 22 de novembro ás 12:00 en O Conco (Dumbría)
Clasificacion: ... 4. Bergantiños CF, 13 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 12 puntos; 6. AD Cristo Rey, 7 puntos... 9. Dumbría CF, 3 puntos...