RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ORZÁN SD

O Orzán SD Cadete Femenino vence ao SCD Pastoriza en partido da 7ª xornada e supera os 100 goles na liga

Hoxe mércores 6 de decembro, día festivo, o Orzán SD Cadete Femenino venceu (10-1) ao SCD Pastoriza en partido correspondente á 7ª xornada no subgrupo 1º da Liga Galega que foi aprazado o 1 de novembro polo temporal.

A protagonista do encontro foi Lucía González (na foto na fila de abaixo a terceira empezando pola esquerda), autora de 5 tantos. Alexia Freire -2-, Sofía Rodríguez, Sofía Milhem e Valentina Millón completaron o marcador.

Con este resultado, o conxunto de Sergio Lema supera os 100 goles (suma na actualidade 108 en 12 partidos) e lidera o subgrupo con 36 puntos de 36 posibles.

Orzán SD Cadete Femenino: Ángela Gómez, Naiara Fontenla, Alexia Freire, Candela González, Sila Santiso, Valentina Millón, Lucía González, Sofía Rodríguez, Sofía Milhem, Daniela Macedo e Marta Moreno. Tamén xogaron: Lucía Gómez e Sarai Martínez.

O vindeiro domingo 10 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2), o Orzán SD Cadete Femenino recibe ao Dumbría CF aínda que antes, concretamente mañá xoves 7 de decembro, Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo están convocadas para un adestramento coa selección galega sub-15 a partir das 11:30 no campo da Braña (Rois).

Os resultados até a data do Orzán SD Cadete Feminino son os seguintes:

Sporting Cambre 0 - Orzán SD Cadete Femenino 11 (Sofía Milhem -3-, Claudia Sande, Alexia Freire, Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -2-, Yanis Citoula e Lucía González)
Orzán SD Cadete Femenino 13 (Daniela Macedo -2-, Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -3-, Candela Fernández, Alexia Freire, Yanis Citoula -2- e Lucía González -2-) - SDC Órdenes 0
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Cadete Femenino 13 (Valentina Millón, Candela Fernández -2-, Sofía Milhem -2-, Daniela Macedo -4-, Valeria Montero, Alexia Freire e Sofía Rodríguez -2-)
Orzán SD Cadete Femenino 5 (Sofía Milhem -2-, Candela González e Sofía Rodríguez -2-) - Victoria CF 0
Orzán SD Cadete Femenino 6 (Sofía Rodríguez -2-, Candela Fernández -2-, Lucía González e Candela González) - SD O Val 0
Escuela FB Amistade 0 - Orzán SD Cadete Femenino 5 (Sofía Rodríguez, Daniela Macedo -3- e Claudia Sande)
Orzán SD Cadete Femenino - SCD Pastoriza, o mércores 6 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2)
Santa Cruz CF 0 - Orzán SD Cadete Femenino 6 (Candela González -2-, Lucía González, Yanis Citoula, Alexia Freire e Daniela Macedo)
Orzán SD Cadete Femenino 11 (Marta Moreno, Lucía González -5-, Claudia Sande, Candela González -2-, Yanis Citoula e Lucía Gómez) - UD Cerqueda 0
Bergantiños CF 0 - Orzán SD Cadete Femenino 14 (Martina Vázquez, Yanis Citoula, Candela González, Lucía González -2-, Valeria Montero -2-, Sofía Milhem -4-, Sofía Rodríguez, Naiara Fontenla e Daniela Macedo)
Orzán SD Cadete Femenino 3 - PM Friol 0
EF Lalín 0 - Orzán SD Cadete Femenino 11 (Valeria Montero -3-, Candela González, Alexia Freire, Yanis Citoula -2-, Daniela Macedo -2-, Sofía Rodríguez e Lucía González)
Orzán SD Cadete Femenino 10  (Alexia Freire -2-, Lucía González -5-, Sofía Rodríguez, Sofía Milhem e Valentina Millón) - SCD Pastoriza 1