RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino confirma as súas boas sensacións cun partido perfecto ante o Viajes InterRías FF

O Orzán SD Cadete Feminino confirma as súas boas sensacións cun partido perfecto ante o Viajes InterRías FF (7-0), correspondente á 3ª xornada na Fase polo Título da Liga Galega cadete.

Ánxela Prado -3-. Mica Baratelli, Macarena González, Candea González e Sofía Rodríguez foron as goleadoras orzanistas.

Con este resultado, o equipo de Enrique M. Solla é 2º na clasificación con 7 puntos, a 2 puntos do UD Mos, líder con 9 puntos. Ambos os equipos enfróntanse precisamente nas Baloutas (Mos) a próxima fin de semana na seguinte xornada ligueira.

Orzán SD Cadete Feminino: Yaiza García, Daniela Basalo, Alexia Freire, Paula Martínez, Emma Gandoy, Mica Baratelli, Sofía Paz, Lucía González, Macarena González, Ánxela Prado e Nadia Longueira. Tamén xogaron: Paula Bermúdez, Martina Vázquez, Valeria Montero, Candela González e Sofía Rodríguez.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino nesta Fase polo Título da Liga Galega son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 1 (Daniela Basalo) - Victoria CF 1
Lóstrego CF 1 - Orzán SD Cadete Feminino 3 (Laura Santos, Macarena González e Sofía Rodríguez)
Orzán SD Cadete Feminino 7 (Ánxela Prado -3-. Mica Baratelli, Macarena González, Candela González e Sofía Rodríguez) - Viajes InterRías FF 0