RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino impúlsase en Mos ao liderado da Fase polo Título da liga Galega

O Orzán SD Cadete Feminino alcanzou o liderado da Fase polo Título da Liga Galega co seu triunfo contundente (1-6) nas Baloutas ante o UD Mos, conxunto que chegaba a este partido á fronte da clasificación.

Dous tantos nos primeiros 8 minutos asentaron o xogo do Orzán SD Cadete Feminino, que a partir de aí controlou o partido até o asubío final.

Mica Baratelli, Ánxela Prado, Candela Fernández, Macarena González, Lucía González e Valeria Montero foron as goleadoras orzanistas neste encontro correspondente á 4ª xornada.

Con este resultado, o equipo que prepara Enrique M. Solla manda con 10 puntos, os mesmos que o Victoria CF.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Daniela Basalo, Paula Martínez, Nadia Longueira, Alexia Freire, Mica Baratelli, Emma Gandoy, Candela Fernández, Lucía González, Ánxela Prado e Maca González. Tamén xogaron: Marta Moreno, Yaiza García, Valeria Montero, Candela González e Sofía Paz.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino recibe ao Colegio Obradoiro.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino nesta Fase polo Título da Liga Galega son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 1 (Daniela Basalo) - Victoria CF 1
Lóstrego CF 1 - Orzán SD Cadete Feminino 3 (Laura Santos, Macarena González e Sofía Rodríguez)
Orzán SD Cadete Feminino 7 (Ánxela Prado -3-. Mica Baratelli, Macarena González, Candela González e Sofía Rodríguez) - Viajes InterRías FF 0
UD Mos 1 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Mica Baratelli, Ánxela Prado, Candela Fernández, Macarena González, Lucía González e Valeria Montero)