RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino pecha ante o Silva SD unha primeira volta da liga Galega perfecta

O Silva SD non foi capaz de frear (11-1) a un Orzán SD Cadete Feminino enrachado e sólido líder do subgrupo A de a liga Galega.

Valeria Montero -3-, Daniela Basalo, Ánxela Prado -3-, Mica Baratelli -2- e Candela Fernández -2- foron as goleadoras orzanistas neste encontro da 9ª xornada, último da primeira volta.

Con este resultado, o equipo que dirixe Abel Sánchez manda en solitario na táboa con 24 puntos de 24 posibles, é dicir, con pleno de vitorias.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Candela González, Daniela Basalo, Nadia Longueira, Alexia Freire, Emma Gandoy, Mica Baratelli, Candela Fernández, Anxela Prado, Lucía González e Valeria Montero. Tamén xogaron: Sofía Carregal, Paula Martínez, Sofía Paz e Sara Cercido.

A próxima semana non hai competición ligueira pola disputa do Campionato de España da categoría por autonomías. Así pois, en 15 días, o Orzán SD Cadete Feminino mídese á SD Xuventú de Aguiño, no inicio da segunda parte da liga.

Os resultados até a data do Orzán SD Cadete Feminino son os seguintes:

SD Xuventú de Aguiño - Orzán SD Cadete Feminino 9 (Candela Fernández -2-, Mica Baratelli, Ánxela Prado, Maca González, Laura Santos, Emma Gandoy, Nadia Longueira e Sofía Paz)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Lucía González -2-, Emma Gandoy -2-, Paula Martínez, Candela González, Ánxela Prado -3- e Candela Fernández) - Bergantiños CF 0
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Ánxela Prado -4-, Lucía González, Emma Gandoy, Candela Fernández, Valeria Montero -2- e Sofía Rodríguez) - PM Friol 0
Orzán SD Cadete Feminino 2 (Macarena González e Emma Gandoy) - Victoria CF 0
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Cadete Feminino 9 (Candela Fernández, Ánxela Prado -3-, Nadia Longueira, Paula Martínez, Lucía González, Sofía Rodríguez e Candela González)
Orzán SD Cadete Feminino 8 (Ánxela Prado -3-, Candela Fernández -3-, Lucía González e Valeria Montero) - CF Noia 0
Colexio Obradoiro 1 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Emma Gandoy, Candela Fernández, Sofía Rodríguez, Sofía Paz, Daniela Basalo e Mica Baratelli)
Orzán SD Cadete Feminino 11 (Valeria Montero -3-, Daniela Basalo, Ánxela Prado -3-, Mica Baratelli -2- e Candela Fernández -2-) - Silva SD 1