RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ORZÁN SD

O Orzán SD Infantil A Femenino avanza a semifinais da Liga Galega á conta do CD Valladares

O Orzán SD Infantil A Femenino clasificouse para as semifinais da Liga Galega ao vencer (3-0) ao CD Valladares nos cuartos de final.

As orzanistas accederon a esta Fase Final como segundas no grupo 1º e as viguesas, como terceiras no grupo 2º.

Bianca Ventureira, Marta Moreno e Naiara Fontenla foron as goleadoras.

Orzán SD Infantil A Femenino: Ángela Gómez, Lucía Gómez, Lara Vázquez, Daniela Valiño, Naiara Fontenla, Uxía Fariña, Claudia Sande, Marta Moreno, Sarai Martínez, Lola Freire e Carolina Lago. Tamén xogaron: Martina Vázquez, Bianca Ventureira, Elba Agrafojo e Nerea Cruz.

O vindeiro domingo 9 de xuño, o Orzán SD Infantil A Femenino visita nas Baloutas ao UD Mos (11:00 horas) en semifinais.

/* Bot imbee */