O Orzán SD Infantil A Femenino non puido dar a sorpresa e caeu (4-0) ante o UD Mos nas semifinais da Liga Galega.
As pontevedresas adiantáronse aos 4 minutos de xogo e sentenciaron o encontro con dous goles case consecutivos nos minutos 43 e 46.
Orzán SD Infantil A Femenino: Ángela Gómez, Lucía Gómez, Lara Vázquez, Naiara Fontenla, Uxía Fariña, Martina Vázquez, Claudia Sande, Marta Moreno, Sarai Martínez, Lola Freire e Carolina Lago. Tamén xogaron: Daniela Valiño, Bianca Ventureira, Elba Agrafojo e Nerea Cruz.
Con este partido o conxunto de Joel Rodríguez pon fin á temporada oficial.
Os resultados do Orzán SD Infantil A Femenino nesta Fase de eliminatorias da Liga Galega foron os seguintes:
Cuartos de finalOrzán SD Infantil A Femenino 3 (Bianca Ventureira, Marta Moreno e Naiara Fontenla) - CD Valladares 0
SemifinaisUD Mos 4 - Orzán SD Infantil A Femenino 0