RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ORZÁN SD

O Orzán SD Xuvenil Femenino dobrega ao Sporting Burgo e xa está en semifinais da Copa da Coruña

Despois de conquistar o título da Primera Autonómica, o Orzán SD Xuvenil Femenino (na foto de arquivo) superou hoxe mércores os cuartos de final, a partido único, da II edición da Copa da Coruña.

O rival das orzanistas foi o Sporting Burgo, campión do grupo 1º da Tercera Autonómica, ao que derrotou (0-1) no campo da Lavandeira (Culleredo).

O gol do triunfo do conxunto de Abel Sánchez foi obra de Yanis Citoula no minuto 26.

Orzán SD Xuvenil Femenino: Uxía Rabuñal, Paula Martínez, Daniela Agilda, Mica Baratelli, Iria Otero, Ana Capelo, Dunia Dahmouni, Yanis Citoula, Noelia Furelos, Olivia e Noe Gómez. Tamén xogaron: Daniela Basalo, Ivana Fernández, Paula Sánchez, Nadia Longueira e Noa Fariña.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Femenino nesta competición son os seguintes:

Oitavos de final
Orillamar SD 2 - Orzán SD Xuvenil Femenino 4 (Noe Mayo -2- e Noe Gómez -2-)

Cuartos de final
Sporting Burgo 0 - Orzán SD Xuvenil Femenino 1 (Yanis Citoula)


O Orzán SD Xuvenil Femenino foi o campión da I edición da Copa da Coruña Feminina após derrotar (2-0) ao Victoria CF B o pasado 8 de xuño de 2023 na final disputada en ABANCA-RIAZOR, con dobrete da brillante campioa de Europa sub-17 Lucía Rivas.

/* Bot imbee */