RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino achégase ao liderado á conta dun batallador SD Antas

O Orzán SD Xuvenil Feminino dobregou (2-1) na Torre á SD Antas, nun partido aprazado no seu día por COVID e correspondente á 13ª xornada no subgrupo A da Primeira División Galega.

Antía Brage e Macarena González foron as autoras dos goles orzanistas nun partido no que as lucenses pelexaron até o final.

Con este resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino é segundo na táboa con 20 puntos por 25 puntos do líder, o Bergantiños CF.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Irene Arcay, Celia Sousa, Daniela Agilda, Sara Cercido, Iria Otero, Valeria Filgueira, Lucía Rivas, Ana Capelo, Antía Brage e Daniela Basalo. Tamén xogaron: Martina Rivas, Uxía López, Macarena González, Lucía Fuentes e Noelia Gómez.

A próxima semana, e xa en partido correspondente á 17ª xornada, o Orzán SD Xuvenil Feminino recibe na Torre ao SD O Val.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino até a data son os seguintes:

SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Otero e Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas e Laura Otero -2-) - Bergantiños CF 2
SD Antas 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
CD Lugo 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Nuria Gómez) - PM Friol B 3
SD O Val 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Abril e Laura Otero)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Iria Otero e Ana Capelo -2-) - Victoria CF B 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Iria Otero) - SD Tordoia 1
Bergantiños CF 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Antía Brage e Macarena González) - SD Antas 1
Orzán SD Xuvenil Feminino 0 - CD Lugo 0
PM Friol B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Ana Capelo)