RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino supera ao SDCyR Narón Freixo con dous goles na segunda metade

O Orzán SD Xuvenil Feminino superou (1-3) ao SDCyR Narón Freixo con 2 goles, os de Laura Santos e Sara Cercido, na segunda metade.

Antes, no minuto 31, Iria Otero adiantara ás orzanistas aínda que empataron as naronesas 4 minutos máis tarde.

Co resultado deste partido correspondente á 20ª xornada, o equipo de César Conde sitúase na 3ª posición da Primeira Autonómica con 44 puntos, por detrás do CD Lugo (2º con 45) e do Sárdoma CF B (líder con 49 puntos).

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Paula Sánchez, Uxía López, Nadia Longueira, Antía Brage, Emma Gandoy, Sara Cercido, Iria Otero, Macarena González, Ivana Fernández e Noe Gómez. Tamén xogaron: Uxía Rabuñal, Laura Santos, Lucía Rodríguez, Daniela Agilda e Daniela Basalo.

A competición párase até a primeira fin de semana de marzo, no que o Orzán SD Xuvenil Feminino recibirá na Torre á SD Tordoia.

Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Feminino son os seguintes:

Victoria FC B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Elena Vázquez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Elena Vázquez, Emma Gandoy, Ana Capelo, Uxía López e Laura Santos) - Atlético Arousana 1
Bergantiños CF 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Laura Santos, Ana Capelo e Elena Vázquez -2-) - CF Noia 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Noe Gómez -2-, Sara Cercido, Maca González, Laura Santos -2- e Lucía Rodríguez) - SDCyR Narón Freixo 0
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo, Elena Vázquez e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Ana Capelo e Macarena González) - SD Antas 0
Tomiño FC Femenino 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Elena Vázquez, Daniela Agilda, Lucía Rivas -2-, Emma Gandoy e Macarena González -2-)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Noe Gómez, Laura Santos e Daniela Agilda) - Victoria CF B 0
Escuela FB Amistade 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 6 (Ivana Fernández, Noe Gómez, Laura Santos -3- e Paula Sánchez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Sara Cercido) - CD Lugo 1
Sárdoma CF B 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Abril Pazos e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Uxía López e Daniela Basalo) - SD O Val 0
UD Mos B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Abril Pazos -2-, Ivana Fernández e Emma Gandoy)
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Noe Gómez) - Sporting Cambre 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 0 - Victoria FC B 0
Atlético Arousana 3 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Macarena González) - Bergantiños CF 5
CF Noia 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Laura Santos, Iria Otero -2-, Sara Cercido e Noe Gómez)
SDCyR Narón Freixo 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Iria Otero, Laura Santos e Sara Cercido)