RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Oviedo Moderno CF en Navia, próxima cita para o Deportivo ABANCA

O Oviedo Moderno CF, equipo tamén de Segunda División, será o seguinte rival de pretemporada para o Deportivo ABANCA. Do mesmo xeito que o de hoxe, este novo amigable xogarase en Asturias, neste caso na localidade de Navia, o sábado 21 de agosto ás 12:30 h.

Antes, mañá xoves 19 de agosto, Miguel Llorente citou ás súas futbolistas ás 10:30 en Abegondo para un novo adestramento, que será de recuperación para as xogadoras que tiveron máis minutos hoxe ante a Real Sociedad.

A pretemporada do Deportivo ABANCA marcha así:

Deportivo ABANCA 0 - Valadares Gaia FC 0. A penaltis: 4-5 (IX edición do Trofeo Teresa Herrera)
Viaxes InterRías FF 0 - Deportivo ABANCA 1 (Jone) (Trofeo Concello de Sanxenxo)
Real Sociedad 4 - Deportivo ABANCA 0
Deportivo ABANCA - Oviedo Moderno CF, sábado 21 de agosto, 12:30 h., Campo do Pardo, Navia (Asturias)